Arquivos da etiqueta: SS 2012

Por que hai interese en Leipzig pola lingua e cultura galegas?

Por que se estuda galego en Leipzig? Por que tanto interese pola cultura galega en Alemaña? Estas son preguntas que nos fixeron moitas galegas e galegos… Parte do alumnado do curso 2011-2012 explica neste vídeo como foi a súa experiencia … Sigue lendo

Publicado en Achegas do alumnado | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Por que hai interese en Leipzig pola lingua e cultura galegas?

Música galega actual

Apetéceche escoitar música galega? Para saber algo máis sobre o tema tes aquí a presentación de Willi sobre tres grupos actuais: Ruxe-Ruxe, Luar na Lubre e Fanny&Alexander. Música galega actual

Publicado en Achegas do alumnado | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Música galega actual

Receita: biscoitos de Samos

Velaquí a receita dos deliciosos biscoitos de Samos que fixo Rieke para a xornada gastronómica galego-catalá: Ingredientes: 6 ovos 300 g de azucre 250 g de fariña 50 g de azucre en po Preparación: Bátense moi ben os ovos. Engádese … Sigue lendo

Publicado en Achegas do alumnado, Actos e actividades culturais, Gastronomía | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Receita: biscoitos de Samos

Éxito da xornada gastronómica galego-catalá

Onte pasamos unha deliciosa tarde cos estudantes dos lectorados de galego e de catalán da Universidade de Leipzig. Cociñaron pratos típicos da cociña galega e da catalá, que logo presentaron para a súa posterior degustación. Graciñas a todos/as pola vosa … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Gastronomía | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Éxito da xornada gastronómica galego-catalá

Xornada gastronómica galego-catalá en Leipzig

Achégase a fin de curso… pero en Leipzig aínda temos algunhas actividades culturais que ofrecervos! Convidámosvos a participar o mércores 20 de xuño ás 18.30 (GWZ, H5.5.16) nunha xornada gastronómica galego-catalá. Haberá comida, bebida, música, bo ambiente e moita diversión!! … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Gastronomía | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Xornada gastronómica galego-catalá en Leipzig

Feliz Día das Letras Galegas!

Por cortesía do alumnado do CEG de Leipzig deixámosvos un poema de Valentín Paz Andrade traducido ao alemán no obradoiro de tradución literaria que realizamos nesta semana das Letras Galegas. CANDO TI VOLVAS… NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA, que dend-a … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Feliz Día das Letras Galegas!

Traballos do alumnado: presentación sobre a provincia da Coruña

Julia, alumna de Galego II enviounos a súa presentación sobre A Coruña. Queredes saber máis sobre esta provincia galega? Botádelle un ollo! A Coruña View more presentations from CEG de Leipzig

Publicado en Achegas do alumnado | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Traballos do alumnado: presentación sobre a provincia da Coruña

Día das Letras Galegas 2012

Convidámosvos o vindeiro 14 de maio (15.00, NSG 224) a festexar connosco o Día das Letras Galegas. Un ano máis, no CEG de Leipzig temos preparado un acto especial dedicado ao autor homenaxeado, Valentín Paz Andrade. En primeiro lugar, falaremos … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Lingua, Literatura | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Día das Letras Galegas 2012