Sobre os contidos

Este blog pretende proporcionarlles aos estudantes de galego da Universidade de Leipzig un soporte público no que poidan expresarse en galego. Ademais, tamén serve de medio para anunciar e promocionar as actividades que levemos a cabo dende o CEG de Leipzig e para publicar outras novas interesantes relacionadas con Galicia e coa lingua galega.

Por suposto, está aberto a todo tipo de suxestións, propostas e comentarios… non só por parte do alumnado, senón tamén de todas as persoas que se interesen pola nosa actividade, por Galicia, pola cultura e pola lingua galegas.

Esta obra e todos os seus contidos están licenciados baixo Creative Commons, polo que che solicitamos que te poñas en contacto connosco para comunicarnos calquera uso ou modificación que desexes realizar da mesma.

Non nos responsabilizamos dos contidos das ligazóns deste blog.