Hoxe 19 de maio: A esmorga. Ciclo de cinema galego, éuscaro e catalán

Hoxe celebraremos a semana das letras coa proxección do filme de Ignacio Vilar baseado na novela de Eduardo Blanco Amor A esmorga. Un filme que non podedes perder! Agardamos por vós na aula 2010 do GWZ ás 19.00.
E despois da película Stammtisch/Faladoiro de galego no Beyerhaus (Ernst-Schneller-Straße 6, 04107 Leipzig) ás 21.00. Unha boa conversa na mellor compañía!

Filmreihe.Plakat3

Publicado en Actos e actividades culturais, Cinema, Literatura | Comentarios desactivados en Hoxe 19 de maio: A esmorga. Ciclo de cinema galego, éuscaro e catalán

6. Leipziger Frühlingskurs Galicisch

Do 1 ao 11 de marzo tes unha nova oportunidade para aprender galego na Universidade de Leipzig co curso intensivo de iniciación á lingua galega, tamén para o estudantado doutras universidades! Para máis información, consulta a páxina web do Departamento de Lingüística Aplicada e Translatoloxía/ Institut für Angewandte Linguistik und Translatologie (IALT):

https://ialt.philol.uni-leipzig.de/…/6-leipziger-fruehling…/

Podes inscribirte en liña ata o 25 de febreiro!

 

Cartaz Intensivo2016

Publicado en Lingua, Literatura, Novas sobre os cursos do CEG | Comentarios desactivados en 6. Leipziger Frühlingskurs Galicisch

Xosé-Henrique Costas. Soidi! As falas galegas do Val do Río Ellas

A vindeira semana teremos connosco ao profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas, que nos falará sobre os dialectos galegos falados hoxe en día no noroeste de Estremadura (España), a 400 km. de Galicia. Estes dialectos son o resultado das repoboacións do século XIII e fálanos o 90% dos 5.000 habitantes dos tres concellos do Val do Río Ellas, pero carecen de toda protección legal. Despois de nove séculos separado de Galicia, o galego falado neste territorio presenta unhas características diferenciais, o que provoca hoxe problemas na súa tipoloxía e adscrición.

Cando? O mércores 16 de decembro ás 13.00.

Onde? Na aula 420 do Neues Seminargebäude (Universitätsstr. 5, 4.º andar).

Contamos convosco! Vémonos!

Cartaz_Xosé-Henrique_Costas

Publicado en Actos e actividades culturais, Lingua | Comentarios desactivados en Xosé-Henrique Costas. Soidi! As falas galegas do Val do Río Ellas

Isaac Xubín. Traducir entre o éuscaro e o galego

Mañá, mércores 28 de outubro, teremos con nós ao escritor Isaac Xubín, que nos falará sobre a súa experiencia como tradutor entre o galego e o éuscaro. Isaac Xubín vén de ser galardoado co Premio Etxepare de Tradución por Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia (2015). Estamos seguros de que será unha charla ben interesante, vala perder?

Cando? Mañá mércores 28 de outubro ás 15.15.

Onde? Na aula 301 do Neues Seminargebäude (Universitätsstr. 5, 3.º andar).

Contamos convosco!

Isaac_Xubín 28.10.2015

Publicado en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución | Comentarios desactivados en Isaac Xubín. Traducir entre o éuscaro e o galego

Marga do Val. Traducindo entre culturas. 15 de xullo

E todo chega á súa fin! Remata o curso e con el o ciclo de conferencias “Traducindo entre culturas. Un camiño de ida e volta”, non sen antes deixarnos unha chea de interesantes conferencias, pensamentos, reflexións, investigacións e, por suposto, inspiración.

Non se me ocorre un xeito mellor de pechar este ciclo. Este mércores 15 de xullo, ás 18.00 na DTA A-10 (Neues Augusteum, 04109 Leipzig, ao carón de Augustusplatz), teremos connosco a Marga do Val coa súa conferencia Zwischen den Sprachen (hin und her) schaukeln – Atemschaukel/Randea do alento von Herta Müller.

Marga do Val. Zwischen den Sprachen (hin und her) schaukeln AtemschaukelRadea do alento von Herta Müller

Ídelo perder?

Vémonos!

Plakat Traducindo

Publicado en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución | Comentarios desactivados en Marga do Val. Traducindo entre culturas. 15 de xullo

Mércores 10 de xuño. Conferencia do Prof. Dr. Burghard Baltrusch

Xa o tendes anotado na vosa axenda? Lembrade que mañá contaremos coa presenza  do Prof. Dr. Burghard Baltrusch e a súa interesantísima conferencia “Postmoderne Multimediakunst in Galicien: Zum Werk Antón Reixas aus translatorischer Perspektive”.

Ídelo perder? Vémonos mañá mércores 10 de  xuño ás 18.00 na aula A-10 (DTA) do Neues Augusteum! (Universität Leipzig, Augustusplatz 10, 04109 Leipzig)

Plakat Traducindo

 

Publicado en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución | Comentarios desactivados en Mércores 10 de xuño. Conferencia do Prof. Dr. Burghard Baltrusch

Conferencia de María Reimóndez. Traducindo entre culturas.

Lembrade que mañá temos unha nova cita! Ás 18.00 contaremos coa presenza de María Reimóndez que nos falará sobre tradución, feminismo e hexemonía.

Velaquí vos deixo un breve resumo da súa charla titulada “Übersetzung, Feminismus und Hegemonie: Galicische Aussichten”.

Resulta habitual considerar que as linguas non hexemónicas coma o galego parten dunha posición de inferioridade á hora de enfrontarse á tradución dentro do eido literario. Sen dúbida hai cuestións evidentes que resultan complexas e problemáticas: a dificultade das editoras para poder sacar adiante proxectos de tradución, a competencia con outros sistemas literarios con mecanismos de mercadotecnia máis fortes, o descoñecemento noutros espazos lingüísticos da existencia da lingua propia e cultura á hora de mercar dereitos, etc. Porén, neste relatorio argumentará que a posición non hexemónica do galego axuda a crear, dende o punto de vista da tradución, relacións literarias que escapen do canon establecido polo poder.

Centrarase en particular nos proxectos de tradución de autoras feministas en Galicia e no papel central das tradutoras mesmas na activación de procesos de tradución literaria, o cal lles/nos outorga un poder e responsabilidade diferentes ca noutros sistemas literarios máis comerciais coma o alemán.

Onde? No Neues Augusteum. Aula A-10 (DTA)

Cando? O 13 de maio ás 18.00.

Vémonos!

Plakat Traducindo

Publicado en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución | Comentarios desactivados en Conferencia de María Reimóndez. Traducindo entre culturas.

Traducindo entre culturas

Mañá 22 de abril comeza o ciclo de charlas “Traducindo entre culturas. Un camiño de ida e volta” que terán lugar todos os mércores do semestre de verán ás 18.00 na DTA A-10. O noso primeiro convidado, Jairo Dorado, presentará o relatorio “Onde está o centro cando se traduce entre periferias europeas?”

Interesantísimas de seguro!! Valas perder??

Plakat Traducindo

 

Publicado en Outras cousiñas | 1 comentario

CALL FOR PAPERS: CIBERCULTURA, LINGUAXES E MEDIALIDADE. HIBRIDACIÓN E CONFLITO NOS ESPAZOS XEOCULTURAIS GALEGO E LUSÓFONO

do 11º Congresso Alemão de Lusitanistas (Aachen, 16-19/09/2015) solicita o envío de propostas de relatorios (20 minutos).

As propostas (cun máx. de 500 palabras, 5 palabras-chave e relacionadas cunha das liñas temáticas, cf. infra) deben ser enviadas até 30 de Abril de 2015 aos coordinadores da sección:

Todas as propostas pasarán por un sistema de blind peer review e os resultados desta avaliación serán comunicados até ao dia 30 de maio de 2015.

Os relatorios deben ser presentados en lingua galega, portuguesa, inglesa ou alemá.

Está prevista unha posterior publicación dun conxunto seleccionado de relatorios nunha edición científica con peer review.

Máis información en: http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/congresso/seccoes/seccao-1/

PRESENTACIÓN DA SECCIÓN

En boa parte das sociedades actuais, os fenómenos de globalización non son unha novidade, senón que poden ser vistos como un proceso constante con distintas formas, características e ritmos evolutivos. Hoxe en día, prodúcese unha intensificación das interaccións que converten os vencellos transfronteirizos en algo cotián. Isto implica, por unha banda, a expansión de prácticas e de lóxicas socioculturais, políticas e económicas que teñen unha imbricación, asemade, global e local e, pola outra, actúan como catalizador que fomenta a emerxencia de fenómenos de diversa índole (políticos, culturais, sociais, etc.) que afectan dun xeito conflitivo á configuración interna dos sistemas socioculturais.

Ao mesmo tempo, estanse a dar importantes transformacións grazas á consolidación dos medios dixitais. En consecuencia, este proceso implica mudanzas en diferentes niveis sociais, dende os formatos de creación coñecidos ata o de agora, pasando polas lóxicas organizativas das persoas e das comunidades (movementos asociativos e políticos, comunidades de software libre, entre outras). Ademais, non hai que esquecer a converxencia mediática e cultural marcada polas relacións transculturais e a integración de diferentes medios a partir dos cales xorden novas linguaxes de produción cultural e comunitaria. Polo tanto, esta sección tamén ten como obxectivo explorar como os sistemas culturais minorizados (neste caso o galego) se apropian, adaptan ou dan forma a estes procesos globalizados e/ou globalizadores no contexto dixital. Tentaremos facer fincapé nas relacións ou conflitos transculturais e intraculturais que estas mudanzas socioculturais xeran no sistema.

No noso parecer, unha cultura cada vez máis globalizada provoca unha necesidade de reavaliarmos toda unha serie de constelacións conceptuais (lingua, identidade, normalización, creación artística, modelos de planificación social, entre outros moitos) que ata o de agora deixaron de lado a conflitividade e a inestabilidade propia de todos os sistemas culturais; amais, estes factores fixéronse máis patentes na actualidade co ritmo imposto pola globalización. O noso interese de revisión tamén se deriva do feito de que o sistema cultural galego se atopa entre dous grandes dominios culturais con transcendencia global: os mundos de expresión portuguesa e da hispanidade, cuxas influencias e interferencias na cultura galega son de diferente natureza e intensidade.

En última instancia, esta sección quere contribuír á análise de fenómenos culturais e dos seus procesos de mudanza sociocultural, adoptando ferramentas de análise dende perspectivas transdisciplinares e comparatistas. Tampouco non queremos esquecer de facilitar o debate epistemolóxico que problematice os modos de análise establecidos.

Dunha forma xeral, esta sección está aberta a recibir propostas provenientes das seguintes áreas de coñecemento e metodoloxías: literatura comparada, estudos migratorios, antropoloxía, socioloxía, educación, arquitectura, belas artes, estudos de tradución, estudos teatrais, etnografía, gastronomía, ciencias naturais e ecoloxismo, estudos de xénero, ciencias da comunicación, tecnoloxías da información, deportes, turismo, musicoloxía, ciencias da saúde, estudos queer, estudos poscoloniais, historia, xeografía, (socio)lingüística, dereito, economía, política, filosofía, audiovisual, artes plásticas, historia da arte, estudos culturais e literatura.

LIÑAS TEMÁTICAS DA SECCIÓN

  1. Mudanza social e reconfiguración dos fenómenos socioculturais en Galiza.
  2. A mediación de internet no ecosistema informativo e cultural galego en relacións cos sistemas culturais lusófonos e hispánicos.
  3. Unha abordaxe transdisciplinar dos procesos de translación cultural dende e para o contexto galego, cuestionando os mecanismos da oposición centro/periferia.
  4. Variación e cambio lingüístico no contacto de linguas en Galiza, con especial atención ás implicacións culturais e lingüístico-interaccionais do desprazamento migratorio (tanto transculturais como intraculturais) e as relacións entre escritura e oralidade.
  5. Transformación e conflito das diferentes prácticas tradutivas dende e para o sistema cultural galego en relación cos sistemas culturais lusófonos e hispánicos, tanto a nivel transcultural como intracultural.
  6. Novas formas de organización social, ciberactivismo sociocultural e medios de comunicación de base en Galiza.
  7. O paradigma das humanidades dixitais na construción e visibilidade do sistema cultural galego e da súa relación con outros espazos culturais, como os lusófonos e hispánicos.

CONFERENCIANTES CONVIDADO/A

  • Prof. Dr. Manuel Gago (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Profa. Dra. Eugenia R. Romero (Ohio State University)

COORDINACIÓN DA SECCIÓN

MATRÍCULA

A matrícula debe ser realizada até o 30 de xuño de 2015 (60€ para membros do DLV e 80€ a partir do 1 de xullo de 2015): http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/inscricao/.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O CONGRESO

http://www.lusitanistentag2015.rwth-aachen.de/pt/congresso/tema-geral/

Publicado en Actos e actividades culturais | Comentarios desactivados en CALL FOR PAPERS: CIBERCULTURA, LINGUAXES E MEDIALIDADE. HIBRIDACIÓN E CONFLITO NOS ESPAZOS XEOCULTURAIS GALEGO E LUSÓFONO

5. Leipziger Frühlingskurs Galicisch

Aínda non sabes onde está a fin do mundo? Aínda non falas galego? Do 2 ao 13 de marzo tes unha nova oportunidade co curso intensivo de iniciación á lingua galega , tamén para o estudantado doutras universidades! Quen supere o exame final recibirá 10 LP / 10 ECTS e poderá participar nos cursos e actividades do nivel II no semestre de verán 2015. Para máis información, consulta a páxina web do IALT:

https://ialt.philol.uni-leipzig.de/institut/lektorate/galicischlektorat/5-leipziger-fruehlingskurs-galicisch/

Podes inscribirte en liña ata o 25 de febreiro!

Cartaz fin do mundo2

Publicado en Novas sobre os cursos do CEG | Comentarios desactivados en 5. Leipziger Frühlingskurs Galicisch