Arquivo da categoría: Lingua

200 anos da declaración de independencia da República Arxentina

Lembrade! Mañá conmemoramos os 200 anos da independencia de Arxentina. Para celebralo teremos un día cheo de interesantes conferencias sobre lingua e literatura. Algunhas delas trataran sobre a historia dos galegos, os usos lingüísticos da comunidade galega e a influencia … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Cinema, Cultura, Lingua, Literatura | Comentarios desactivados en 200 anos da declaración de independencia da República Arxentina

6. Leipziger Frühlingskurs Galicisch

Do 1 ao 11 de marzo tes unha nova oportunidade para aprender galego na Universidade de Leipzig co curso intensivo de iniciación á lingua galega, tamén para o estudantado doutras universidades! Para máis información, consulta a páxina web do Departamento … Sigue lendo

Publicado en Lingua, Literatura, Novas sobre os cursos do CEG | Comentarios desactivados en 6. Leipziger Frühlingskurs Galicisch

Xosé-Henrique Costas. Soidi! As falas galegas do Val do Río Ellas

A vindeira semana teremos connosco ao profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas, que nos falará sobre os dialectos galegos falados hoxe en día no noroeste de Estremadura (España), a 400 km. de Galicia. Estes dialectos son o resultado das repoboacións do … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Lingua | Comentarios desactivados en Xosé-Henrique Costas. Soidi! As falas galegas do Val do Río Ellas

Galegos en Leipzig: experiencias do estudantado Erasmus

En Leipzig tamén o estudantado galego asiste ás aulas do lectorado. Neste vídeo un grupo de Erasmus cóntanos como foi a súa experiencia galega en Alemaña durante o semestre de inverno pasado. Animádevos a velo, non ten desperdicio!!

Publicado en Achegas do alumnado, Lingua | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Galegos en Leipzig: experiencias do estudantado Erasmus

“A Coruña: un tesouro pouco coñecido no norte de España!” A experiencia de Karolina en Galicia

Eu participei no VI Curso de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Persoas Estranxeiras este xullo, na Coruña. Foi unha experiencia grandiosa. Vin moito, fixen moito e agora quero compartir as miñas experiencias convosco.

Publicado en Achegas do alumnado, Lingua | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en “A Coruña: un tesouro pouco coñecido no norte de España!” A experiencia de Karolina en Galicia

Algunha música galega actual

Apetéceche escoitar música en galego? Nesta presentación poderás atopar algunhas ideas… bótalle unha ollada e busca os distintos grupos, moitos deles ata ofrecen os seus discos de balde! Música galega actual

Publicado en Lingua, Outras cousiñas | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Algunha música galega actual

Charla: “Políticas de tradución no caso do galego e internacionalización da literatura galega”

O próximo mércores 5 de xuño a Dra. Silvia Montero Küpper (Universidade de Vigo) impartirá unha charla sobre as políticas de tradución no caso do galego e a internacionalización da literatura galega. Será ás 19.00 na aula NSG 210 do … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Lingua, Tradución | Comentarios desactivados en Charla: “Políticas de tradución no caso do galego e internacionalización da literatura galega”

Tándem lingüístico-cultural coa EOI da Coruña

Durante o pasado mes de xaneiro, o alumnado de Galego I realizou un tándem lingüístico-cultural cos alumnos da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, que consistiu na realización dunha serie de tarefas conxuntas (en alemán e en galego) a través de … Sigue lendo

Publicado en Achegas do alumnado, Lingua | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Tándem lingüístico-cultural coa EOI da Coruña

Rosalía de Castro

Hoxe fanse 176 anos do nacemento de Rosalía de Castro e nuns meses celebraremos o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos, que marca o comezo do Rexurdimento en Galicia (pódese consultar en liña na Biblioteca Virtual Miguel de … Sigue lendo

Publicado en Achegas do alumnado, Lingua, Literatura | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Rosalía de Castro

Día das Letras Galegas 2012

Convidámosvos o vindeiro 14 de maio (15.00, NSG 224) a festexar connosco o Día das Letras Galegas. Un ano máis, no CEG de Leipzig temos preparado un acto especial dedicado ao autor homenaxeado, Valentín Paz Andrade. En primeiro lugar, falaremos … Sigue lendo

Publicado en Actos e actividades culturais, Lingua, Literatura | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Día das Letras Galegas 2012