Leipzig en Galicia I

Un ano máis as alumnas do Centro de Estudos Galegos de Leipzig participaron nos Cursos de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia celebrado en Santiago de Compostela no mes de xullo, unha oportunidade única para coñecer, tocar, saborear, pronunciar aquilo que imaxinaron dende a distancia. Velaquí vos deixo as reflexións de Alena Meldau, Laura Cornely e Marlene Fleißig sobre a súa viaxe a Galicia.

 

Galicia en 24 letras

 

A –         Albariño: o viño máis caro (e rico) de Galicia.

B –          Bruxas: nunca confundas unha bruxa cunha meiga.

C –          Choiva: 4 semanas sen choiva!!!

Cunca: todos os viños saben mellor cando están nunha cunca.

D –          Definitivamente regresamos a Galicia.

E –          Empanada: a pizza galega.

F –          Follas Novas: a mellor tenda de libros.

Fisterra: a fin do mundo.

G –         Gaita, Graciñas

H –         Hórreo.

I –           Illas Cies

L –          Luscofusco: momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case                         por completo e as cousas se perciben como sombras.

Licor Café: véxase “ñam ñam”

M –        Morriña: sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o                        causado pola nostalxia da terra.

N –         Nubeiro: espírito mitolóxico que trae as tempestades.

Ñ –         Ñam ñam: véxase “Licor Café”

O –         Ourense: a única cidade grande que – desafortunadamente – non vimos.

P –          Polbo

Q –         Quérote Santiago!

Queimada: a Feuerzangenbowle galega.

R –          Rosalía de Castro

Riquiño: en Galicia a xente non é fea, é riquiña!

S –          Saudade

T –          Tapas!

U –         Universidade: o sitio entre os bares e cafés.

V –         Vieira: probablemente o único símbolo dunha cidade que se pode comer.

W –       Weichbild: a única palabra alemán que aprendemos en Galicia (un saúdo a Víctor).

X –          Xabarín Club

Z –          Zamburiñas: ingrediente clave das empanadas.

 

Pasamos o mes de xullo en Santiago de Compostela participando no curso de verán organizado polo ILG e a Xunta de Galicia. Pasámolo moi ben e desde A ata Z aprendemos moito da vida en Galicia.

Alena Meldau, Laura Cornely e Marlene Fleißig

dsc02192 dsc02165 dsc02163 dsc02137 dsc02127 dsc02095

Esta entrada foi publicada en Outras cousiñas. Garda a ligazón permanente.