San Xoán en Leipzig

Un ano máis o día de San Xoán chega cun pouco de adianto a Leipzig. Como cada ano, mañá 21 de xuño, o alumnado do lectorado de galego da Universidade de Leipzig, os galegos e galegas que por aquí andamos e todas aquelas que o desexedes sairemos apañar as herbas de San Xoán ao fermosísimo “Apothekergarten” da cidade (https://www.bota.uni-leipzig.de/der-garten/apothekergarten/), na imaxe podedes ver a localización exacta, a dous minutos de Ostplatz. Estaremos alí a partir das 17.45 da tarde!
Despois de coller as herbas e falar sobre a tradición faremos Stammtisch ou faladoiro de galego no parque, polo que se non chove (dificil de saber nesta época do ano) traede algo de beber e comer e animádevos a darlle un pouco á lingua con nós! Agardámosvos! 😉
Der Apothekergarten herbas
Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Cultura, Outras cousiñas. Garda a ligazón permanente.