Hoxe 2 de xuño: Engurras. Ciclo de cinema galego, éuscaro e catalán

Hoxe ás 19.00 no Hörsaal H2 0.10 do GWZ proxectaremos a produción galego-catalá Engurras do director Ignacio Ferreras con música de Nani Garcia baseada na novela gráfica do ilustrador e debuxante valenciano Paco Roca. O filme, gañador de dous Goyas e varios premios Mestre Mateo, trata o tema do Alzheimer, a vellez e a amizade. Un filme que non podedes perder! Agardamos por vós! 😉
E despois, ás 21.00, faremos Stammtisch/Faladoiro de galego no Beyerhaus (Ernst-Schneller-Straße 6, 04107 Leipzig). Vindes darlle á lingua con nós?

Filmreihe.Plakat2Engurras07

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Cinema. Garda a ligazón permanente.