Xosé-Henrique Costas. Soidi! As falas galegas do Val do Río Ellas

A vindeira semana teremos connosco ao profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas, que nos falará sobre os dialectos galegos falados hoxe en día no noroeste de Estremadura (España), a 400 km. de Galicia. Estes dialectos son o resultado das repoboacións do século XIII e fálanos o 90% dos 5.000 habitantes dos tres concellos do Val do Río Ellas, pero carecen de toda protección legal. Despois de nove séculos separado de Galicia, o galego falado neste territorio presenta unhas características diferenciais, o que provoca hoxe problemas na súa tipoloxía e adscrición.

Cando? O mércores 16 de decembro ás 13.00.

Onde? Na aula 420 do Neues Seminargebäude (Universitätsstr. 5, 4.º andar).

Contamos convosco! Vémonos!

Cartaz_Xosé-Henrique_Costas

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Lingua. Garda a ligazón permanente.