E todo chega á súa fin! Remata o curso e con el o ciclo de conferencias “Traducindo entre culturas. Un camiño de ida e volta”, non sen antes deixarnos unha chea de interesantes conferencias, pensamentos, reflexións, investigacións e, por suposto, inspiración.
Non se me ocorre un xeito mellor de pechar este ciclo. Este mércores 15 de xullo, ás 18.00 na DTA A-10 (Neues Augusteum, 04109 Leipzig, ao carón de Augustusplatz), teremos connosco a Marga do Val coa súa conferencia Zwischen den Sprachen (hin und her) schaukeln – Atemschaukel/Randea do alento von Herta Müller.
Ídelo perder?
Vémonos!