Conferencia de María Reimóndez. Traducindo entre culturas.

Lembrade que mañá temos unha nova cita! Ás 18.00 contaremos coa presenza de María Reimóndez que nos falará sobre tradución, feminismo e hexemonía.

Velaquí vos deixo un breve resumo da súa charla titulada “Übersetzung, Feminismus und Hegemonie: Galicische Aussichten”.

Resulta habitual considerar que as linguas non hexemónicas coma o galego parten dunha posición de inferioridade á hora de enfrontarse á tradución dentro do eido literario. Sen dúbida hai cuestións evidentes que resultan complexas e problemáticas: a dificultade das editoras para poder sacar adiante proxectos de tradución, a competencia con outros sistemas literarios con mecanismos de mercadotecnia máis fortes, o descoñecemento noutros espazos lingüísticos da existencia da lingua propia e cultura á hora de mercar dereitos, etc. Porén, neste relatorio argumentará que a posición non hexemónica do galego axuda a crear, dende o punto de vista da tradución, relacións literarias que escapen do canon establecido polo poder.

Centrarase en particular nos proxectos de tradución de autoras feministas en Galicia e no papel central das tradutoras mesmas na activación de procesos de tradución literaria, o cal lles/nos outorga un poder e responsabilidade diferentes ca noutros sistemas literarios máis comerciais coma o alemán.

Onde? No Neues Augusteum. Aula A-10 (DTA)

Cando? O 13 de maio ás 18.00.

Vémonos!

Plakat Traducindo

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución. Garda a ligazón permanente.