Xornada gastronómica

O mércores 19 de xuño a partir das 19.00 (GWZ H5 5.16) celebraremos unha xornada gastronómica. O alumnado dos lectorados de galego, vasco e catalán, así como o estudantado chileno de intercambio levarán pratos típicos para a súa posterior presentación e degustación.

Se che interesa participar… non esquezas levar algunha especialidade gastronómica (ou, polo menos, algo para beber)!

Non sabes que cociñar? Nesta páxina e nestoutra tes algunhas receitas da gastronomía galega.

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Gastronomía e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.