Acto con Xosé Abad

O pasado 7 de maio contamos coa presenza de Xosé Abad en Leipzig para a presentación do documental O segredo da Frouxeira. Trala proxección, levamos a cabo un coloquio co director sobre distintos aspectos tratados no filme e as súas consecuencias na actualidade, tanto en Galicia coma no Estado español: a Guerra Civil, o Franquismo e a memoria histórica.

Foi un debate moi animado, polo que lles agradecemos a todas as persoas participantes, especialmente a Xosé Abad, a súa presenza e o seu interese no acto.

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Cinema, Outras cousiñas, Tradución e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.