Cinema galego polas Letras Galegas 2013

Con motivo do Día das Letras Galegas, o próximo luns 13 de maio (Beethovenstr. 15, H2 0.10) realizaremos unha proxección do filme Doentes, baseado na obra homónima do autor homenaxeado neste ano 2013, Roberto Vidal Bolaño. O filme proxectarase en versión orixinal (galego e castelán) con subtítulos en alemán, realizados por alumnas do Lectorado de galego de Leipzig.

Sinopse: Doentes conta a historia de Valeriano e Cañete, dúas personaxes marcadas que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos cincuenta. O desmantelamento do vello Hospital Real para transformalo nun hotel de luxo enche as rúas de Santiago de Compostela de doentes, peregrinos perpetuos e pobres. Ocorre que a noite é negra, coma o futuro, coma o corazón dos homes, coma o país, e vólvese longa, longuísima. Así, unha noite de plácida vagabundaxe tórnase nunha tola carreira pola supervivencia de dous estraños amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan con todas as súas forzas por chegar a velo, de novo, mañá.

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Cinema, Tradución e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.