Documental “O segredo da Frouxeira”

O próximo martes 7 de maio ás 17.30 (NSG S428) proxectaremos o documental O segredo da Frouxeira e, a continuación haberá un coloquio co director,
Xosé Abad.

“Nós non pedimos vinganza, só coñecer a verdade.”

Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado, inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se afrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. “O Segredo da Frouxeira” afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas.

Este documental presenta un novo punto de vista da Guerra Civil Española
e as súas consecuencias aínda hoxe.

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Cinema, Outras cousiñas e etiquetada , . Garda a ligazón permanente.