Tándem lingüístico-cultural coa EOI da Coruña

Durante o pasado mes de xaneiro, o alumnado de Galego I realizou un tándem lingüístico-cultural cos alumnos da Escola Oficial de Idiomas da Coruña, que consistiu na realización dunha serie de tarefas conxuntas (en alemán e en galego) a través de Skype.

Deste xeito o alumnado do Centro de Estudos Galegos  de Leipzig tivo a oportunidade de practicar de forma activa a lingua galega e, ao mesmo tempo, puido coñecer xente galegofalante e afondar un chisquiño máis en diversos aspectos da cultura galega.

Dende aquí agradecémoslle ao ENDL da EOI da Coruña a organización do intercambio, que foi do máis fructífero, e tamén felicitamos a todo o alumnado polo seu interese e participación.

Como resultado do tándem, o estudantado elaborou unhas presentacións. Velaquí algunhas sobre dúas cidades alemás, Leipzig e Kassel:

E outras sobre A Coruña:

Esta entrada foi publicada en Achegas do alumnado, Lingua e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.