Rosalía de Castro

Hoxe fanse 176 anos do nacemento de Rosalía de Castro e nuns meses celebraremos o 150 aniversario da publicación da súa obra Cantares Gallegos, que marca o comezo do Rexurdimento en Galicia (pódese consultar en liña na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes).

Para saber máis sobre a autora e a súa obra deixámosvos aquí a presentación que fixo María Vivero:

“Adiós ríos, adiós fontes” (Cantares gallegos, 1883)

Letra dispoñible aquí.

“Negra sombra” (Follas novas, 1880)

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

“Negra sombra”, interpretada por Luz Casal e Carlos Núñez

Documental sobre Rosalía de Castro (en castelán)

Toparedes máis información na páxina web da Fundación Rosalía de Castro.

Esta entrada foi publicada en Achegas do alumnado, Lingua, Literatura e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.