Castañas asadas e bolos preñados, protagonistas en Galicia

Estes días celébrase en Galicia o magosto, tradición común das comunidades do norte de España na que as castañas son as protagonistas.

O magosto chega a Galicia. Fogueiras, xoubas, chourizos e outros alimentos conforman o alimento da festa outonal por excelencia en Galicia. Pero as protagonistas indiscutibles son as castañas. Esta tradición, celebrada nun principio o Día de Todos os Santos celébrase agora calquera día entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.

As castañas, fundamentalmente asadas, conforman a sobremesa de moitas cidades e vilas galegas durante esta festa. Os pratos principais: bolos preñados, é dicir, bolos cun chourizo asado no seu interior; xoubas e outros alimentos das matanzas do porco, comprendidas tamén nestas datas. Todo isto acompañado por suposto do primeiro viño do ano.

O máis tradicional é ir recoller castañas e leña para preparar unha unha fogueira na que asar os alimentos. Unha vez asadas as castañas e a comida, xúntanse todos os adultos para pelalas. Mentres, os rapaces xogan ó arredor tentando pintar as caras dos demais mentres manteñen a súa impoluta.

O magosto é a festa perfecta para reunir familias e amizades ó tempo que se goza dunha boa comida. É sen dúbida a festa do outono por excelencia. Pero non só o é en Galicia. Outras comunidades, todas do norte da Península, e mesmo Portugal, teñen o seu propio magosto. Castanyada, gaztainerre e magusto son os nomes que recibe esta tradición noutro lugares. E o elemento común: a castaña.

Brais Beiroa

Esta entrada foi publicada en Achegas do alumnado, Gastronomía e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a Castañas asadas e bolos preñados, protagonistas en Galicia

  1. mvivero di:

    Aínda que sempre me gustou o mogosto, nunca pensei que botaría tanto de menos celebracións coma esa se me ía de Galicia. Pero o certo é que estas festas son unha forma de unirnos coa nosa terra e a nosa xente e creo que nunca as deberíamos perder. De feito, cada vez que se fala do magosto, non podo evitar pensar nos meus anos na escola de primaria; cnado todos levavamos as nosas castañiñas nunha bolsa, todas elas sen un chisquiños que as nosas nais quitaban para que non saltasen no lume.
    Encántame que o magosto se siga a celebrar nas escolas. Paréceme moi importante porque creo que é a única forma de fomentalo entre os nenos e mantelo viva xeración tras xeración.

Os comentarios están pechados.