Receita: biscoitos de Samos

Velaquí a receita dos deliciosos biscoitos de Samos que fixo Rieke para a xornada gastronómica galego-catalá:

Ingredientes:

6 ovos
300 g de azucre
250 g de fariña
50 g de azucre en po

Preparación:

Bátense moi ben os ovos. Engádese o azucre e séguese batendo ata que non se note a textura do azucre. Pouco a pouco engádese a fariña. Remóvese (non se bate) ata que quede unha masa uniforme, moi solta (parece unha crema).

Nun papel de fornear vaise poñendo a masa dos biscoitos cunha culler (moi ben separados) formando linguas. Empóanse co azucre en po e métense no forno a uns 170º- 180º durante uns 8 minutos, ata que se douren polo bordo.

Esta entrada foi publicada en Achegas do alumnado, Actos e actividades culturais, Gastronomía e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.