Cinema galego na Longa Noite das Ciencias de Leipzig

O próximo día 29 de xuño o noso Centro de Estudos Galegos participará no programa cultural da Lange Nacht der Wissenschaften (Longa Noite das Ciencias) en Leipzig. Tras unha breve introdución á teoría e práctica da subtitulación, proxectaranse unha serie de curtametraxes galegas en versión orixinal que os alumnos e alumnas do lectorado subtitularon en alemán.

Será ás 22.00 no GWZ (Beethovenstr. 15), aula H2 0.10.

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Cinema, Tradución e etiquetada , , , , , . Garda a ligazón permanente.