Xornada gastronómica galego-catalá en Leipzig

Achégase a fin de curso… pero en Leipzig aínda temos algunhas actividades culturais que ofrecervos!

Convidámosvos a participar o mércores 20 de xuño ás 18.30 (GWZ, H5.5.16) nunha xornada gastronómica galego-catalá. Haberá comida, bebida, música, bo ambiente e moita diversión!! Podedes colaborar cociñando algún prato típico ou levando algo de beber.

Trátase dun acto organizado polo Centro de Estudos Galegos e o Lectorado de Catalán en cooperación co Departamento de Lingüística Aplicada e Translatoloxía da Universidade de Leipzig.

BO PROVEITO!

 

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Gastronomía e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.