Día das Letras Galegas 2012

Convidámosvos o vindeiro 14 de maio (15.00, NSG 224) a festexar connosco o Día das Letras Galegas. Un ano máis, no CEG de Leipzig temos preparado un acto especial dedicado ao autor homenaxeado, Valentín Paz Andrade. En primeiro lugar, falaremos da historia desta celebración e dalgúns escritores e escritoras significativos da literatura galega, para logo centrármonos na vida e obra deste polifacético persoeiro galego. Pecharemos o acto coa lectura e comentario dalgunha das súas composicións.

Contamos convosco!

 

Esta entrada foi publicada en Actos e actividades culturais, Lingua, Literatura e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.