6.º Xeiras gastronómicas en Leipzig

Como cada ano celebramos as nosas Xeiras gastronómicas e imos a pola sexta edición! Xa chega a fin do semestre e vén cargado de deliciosos pratos vascos, cataláns e galegos. A sesión rematará coa proxección das mellores curtametraxes. Ficades todas convidadas! Cando e onde? O martes 28 de xuño ás 19.00 na aula H4 5.16 do GWZ.

Animádevos a compartir connosco os mellores pratos da nosa gastronomía!

O comer e o rañar, éche cousa de empezar.
Menjant, menjant, ve la gana.
Jan eta kantatu, hasiz gero ezin bukatu.
Der Appetit kommt beim Essen.

Filmreihe.Plakat1

Publicado en Actos e actividades culturais, Cinema, Gastronomía | Comentarios desactivados en 6.º Xeiras gastronómicas en Leipzig

Deitado fronte ao mar…

Precioso día en Leipzig para achegarse ao Cospudener See e deitarse fronte a ese pequeno mar.

Deitado frente ao mar…

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxustícias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…

Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra

Publicado en Outras cousiñas | Comentarios desactivados en Deitado fronte ao mar…

200 anos da declaración de independencia da República Arxentina

Lembrade! Mañá conmemoramos os 200 anos da independencia de Arxentina. Para celebralo teremos un día cheo de interesantes conferencias sobre lingua e literatura. Algunhas delas trataran sobre a historia dos galegos, os usos lingüísticos da comunidade galega e a influencia do galego como lingua de contacto en Arxentina. Así teremos:

9.30-10.30 Uhr: Prof. Dr. Eva Gugenberger (Universität Leipzig):
Sprachenwechsel und Sprachrevitalisierung in der Migration: die nicht enden wollende Geschichte des Galicischen in Argentinien.

15.30-16.30 Uhr: Prof. Dr. Carsten Sinner (Universität Leipzig):
Un contacto lingüístico olvidado: español y gallego en Argentina.

Despois das charlas iremos á tenda arxentina Don Fernández, situada no mesmo centro da cidade (Ratsfreischulstraße 8, 04109 Leipzig), onde veremos a comedia arxentina dirixida por Alejandro Doria “Esperando la carroza” con subtitulos en inglés e gozaremos dun bo asado arxentino.

Contamos con vós! 😉

13442698_1207255115959385_8378483731375099308_o

Publicado en Actos e actividades culturais, Cinema, Cultura, Lingua, Literatura | Comentarios desactivados en 200 anos da declaración de independencia da República Arxentina

San Xoán en Leipzig

Un ano máis o día de San Xoán chega cun pouco de adianto a Leipzig. Como cada ano, mañá 21 de xuño, o alumnado do lectorado de galego da Universidade de Leipzig, os galegos e galegas que por aquí andamos e todas aquelas que o desexedes sairemos apañar as herbas de San Xoán ao fermosísimo “Apothekergarten” da cidade (https://www.bota.uni-leipzig.de/der-garten/apothekergarten/), na imaxe podedes ver a localización exacta, a dous minutos de Ostplatz. Estaremos alí a partir das 17.45 da tarde!
Despois de coller as herbas e falar sobre a tradición faremos Stammtisch ou faladoiro de galego no parque, polo que se non chove (dificil de saber nesta época do ano) traede algo de beber e comer e animádevos a darlle un pouco á lingua con nós! Agardámosvos! 😉
Der Apothekergarten herbas
Publicado en Actos e actividades culturais, Cultura, Outras cousiñas | Comentarios desactivados en San Xoán en Leipzig

Hoxe 2 de xuño: Engurras. Ciclo de cinema galego, éuscaro e catalán

Hoxe ás 19.00 no Hörsaal H2 0.10 do GWZ proxectaremos a produción galego-catalá Engurras do director Ignacio Ferreras con música de Nani Garcia baseada na novela gráfica do ilustrador e debuxante valenciano Paco Roca. O filme, gañador de dous Goyas e varios premios Mestre Mateo, trata o tema do Alzheimer, a vellez e a amizade. Un filme que non podedes perder! Agardamos por vós! 😉
E despois, ás 21.00, faremos Stammtisch/Faladoiro de galego no Beyerhaus (Ernst-Schneller-Straße 6, 04107 Leipzig). Vindes darlle á lingua con nós?

Filmreihe.Plakat2Engurras07

Publicado en Actos e actividades culturais, Cinema | Comentarios desactivados en Hoxe 2 de xuño: Engurras. Ciclo de cinema galego, éuscaro e catalán

Hoxe 19 de maio: A esmorga. Ciclo de cinema galego, éuscaro e catalán

Hoxe celebraremos a semana das letras coa proxección do filme de Ignacio Vilar baseado na novela de Eduardo Blanco Amor A esmorga. Un filme que non podedes perder! Agardamos por vós na aula 2010 do GWZ ás 19.00.
E despois da película Stammtisch/Faladoiro de galego no Beyerhaus (Ernst-Schneller-Straße 6, 04107 Leipzig) ás 21.00. Unha boa conversa na mellor compañía!

Filmreihe.Plakat3

Publicado en Actos e actividades culturais, Cinema, Literatura | Comentarios desactivados en Hoxe 19 de maio: A esmorga. Ciclo de cinema galego, éuscaro e catalán

6. Leipziger Frühlingskurs Galicisch

Do 1 ao 11 de marzo tes unha nova oportunidade para aprender galego na Universidade de Leipzig co curso intensivo de iniciación á lingua galega, tamén para o estudantado doutras universidades! Para máis información, consulta a páxina web do Departamento de Lingüística Aplicada e Translatoloxía/ Institut für Angewandte Linguistik und Translatologie (IALT):

https://ialt.philol.uni-leipzig.de/…/6-leipziger-fruehling…/

Podes inscribirte en liña ata o 25 de febreiro!

 

Cartaz Intensivo2016

Publicado en Lingua, Literatura, Novas sobre os cursos do CEG | Comentarios desactivados en 6. Leipziger Frühlingskurs Galicisch

Xosé-Henrique Costas. Soidi! As falas galegas do Val do Río Ellas

A vindeira semana teremos connosco ao profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas, que nos falará sobre os dialectos galegos falados hoxe en día no noroeste de Estremadura (España), a 400 km. de Galicia. Estes dialectos son o resultado das repoboacións do século XIII e fálanos o 90% dos 5.000 habitantes dos tres concellos do Val do Río Ellas, pero carecen de toda protección legal. Despois de nove séculos separado de Galicia, o galego falado neste territorio presenta unhas características diferenciais, o que provoca hoxe problemas na súa tipoloxía e adscrición.

Cando? O mércores 16 de decembro ás 13.00.

Onde? Na aula 420 do Neues Seminargebäude (Universitätsstr. 5, 4.º andar).

Contamos convosco! Vémonos!

Cartaz_Xosé-Henrique_Costas

Publicado en Actos e actividades culturais, Lingua | Comentarios desactivados en Xosé-Henrique Costas. Soidi! As falas galegas do Val do Río Ellas

Isaac Xubín. Traducir entre o éuscaro e o galego

Mañá, mércores 28 de outubro, teremos con nós ao escritor Isaac Xubín, que nos falará sobre a súa experiencia como tradutor entre o galego e o éuscaro. Isaac Xubín vén de ser galardoado co Premio Etxepare de Tradución por Tempo de exilio, de Joseba Sarrionandia (2015). Estamos seguros de que será unha charla ben interesante, vala perder?

Cando? Mañá mércores 28 de outubro ás 15.15.

Onde? Na aula 301 do Neues Seminargebäude (Universitätsstr. 5, 3.º andar).

Contamos convosco!

Isaac_Xubín 28.10.2015

Publicado en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución | Comentarios desactivados en Isaac Xubín. Traducir entre o éuscaro e o galego

Marga do Val. Traducindo entre culturas. 15 de xullo

E todo chega á súa fin! Remata o curso e con el o ciclo de conferencias “Traducindo entre culturas. Un camiño de ida e volta”, non sen antes deixarnos unha chea de interesantes conferencias, pensamentos, reflexións, investigacións e, por suposto, inspiración.

Non se me ocorre un xeito mellor de pechar este ciclo. Este mércores 15 de xullo, ás 18.00 na DTA A-10 (Neues Augusteum, 04109 Leipzig, ao carón de Augustusplatz), teremos connosco a Marga do Val coa súa conferencia Zwischen den Sprachen (hin und her) schaukeln – Atemschaukel/Randea do alento von Herta Müller.

Marga do Val. Zwischen den Sprachen (hin und her) schaukeln AtemschaukelRadea do alento von Herta Müller

Ídelo perder?

Vémonos!

Plakat Traducindo

Publicado en Actos e actividades culturais, Literatura, Tradución | Comentarios desactivados en Marga do Val. Traducindo entre culturas. 15 de xullo